Rodrigo Romaní Trio

Beatriz martínez

Beatriz comezou a estudar o arpa na E-Trad, Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo in 2005 co prestixioso arpista Rodrigo Romaní. Forma parte da Orquestra Folk Sondeseu coa que gravou dous discos (Barlovento 2010, Danzas Brancas 2014) Especialízase en música tradicional galega e no seu último ano de estudos funda GHAVETA, cuarteto folk que grava o traballo DISQUE? en 2015.
Participou en festivais internacionais como Lorient, Céltica, Celtic Connections Glasgow, Festival Internacional de Arpa Vila de Noia (2014,2015) Galicia, Folkez Blai(Ermua) e o International Festival of Harps en Dinán, Bretaña.

Xulia Feixoo

É titulada superior en Etnomusicoloxía (2016), licenciada en Historia da Arte (2010) e titulada profesional en Percusión (2010). Dentro do panorama de música de raíz galega é integrante da banda de Rodrigo Romaní, formación coa que realiza a xira do seu disco As Arpas de Breogán
(2012), e da Orquestra Folk de Galicia SonDeSeu. Como intérprete de música tradicional acadou os primeiros premios nos concursos máis sinalados do país co cuarteto Virutas de Ébano: Concurso de Gaitas de Ponteareas (2014), Concurso de Música Tradicional Xacarandaina (2014) e
Concurso de Música Tradicional de Luou (2013), entre outros. A súa actividade investigadora céntrase no estudo e divulgación das músicas de tradición oral de Galiza, sobre as que ten publicado os libros Maruxa das Cortellas. Tocadora do pandeiro… (2017) e Mulleres de Gargamala! Cantares de tradición oral (2017), este último en colaboración con Guillerme Ignacio.