
Rodrigo Romani presenta o seu novo traballo discográfico “ Fios de ouro no ar”, un album concebido para recrear un xogo sónico de luzes e sombras, de penumbras estilísticas, de discursos entreverados con alusións a músicas de diversas orixes nas que a tradición oral da musica popular vertebra un producto inconfundiblemente galego.
A súa tradución ao vivo da como resultado un concerto de sonoridades delicadas ao mesmo tempo que decididamente rítmicas, evocadas pola complexidade de duas arpas combinadas con contrabaixo, elementos electrónicos e percusións acústicas unidas ao canto e a ocarina, na que Rodrigo ten demostrado unha especial capacidade de interpretación.
Cuarteto Novecento
Inés Lorenzo
Guillerme Ignacio Costa